Monday 29 de April de 2024

García Seoane rexeitou a creación dun servizo municipal de mantemento de viais


O Partido Popular de Oleiros presentou a iniciativa no pasado pleno que foi descartada ao soster o Alcalde que xa existía.

No último pleno ordinario de Febreiro o Partido Popular, a través do seu Grupo Municipal, presentou, entre outras, a iniciativa de crear un servizo municipal de mantemento de viais.
“Pretendiamos polo menos implementar os medios de que dispoñen concello para facerse cargo de deficiencias puntuais en e sobre o firme, plataformas, sumidoiros e beirarrúas de toda a rede viaria do Concello” manifestou Jorge Platas tras defender a proposta.
” Non nos sorprende a falta de apoio á proposta ao non recoñecerse xamais por parte de García Seoane os problemas máis evidentes que afectan os cidadáns se estes teñen a súa orixe na neglixencia ou inoperancia dos servizos públicos municipais” engadiu o concelleiro do Partido Popular.
Para o Partido Popular a capacidade de reacción inmediata #ante a aparición dunha focha ou unha fochanca nunha vía pública ou danos nas beirarrúas, ou un atascamiento dun sumidoiro, evitarían males maiores e a cidadanía agradeceríao especialmente.
” Iso si, cando a solución dun problema depende doutra administración as súas reaccións desproporcionadas rozan a histeria” asegurou Platas.